miércoles, 20 de octubre de 2010

O moteiro de Chantada

   ¿Coñecen algunha historia de moteiros? Supoño que lles sona o xénero: tipos con pintas garrulas que cabalgan motos por eternas chairas; as veces en manda, case sempre sós; que se reúnen en tascas con outros da súa calaña e que, por ironías do destino, pende deles un sambenito de liberdade. Unha sorte de aura pegañenta que os persigue na imaxinería popular, que os sinala como lobiños bos e independentes, máxicamente absoltos da condena das ataduras sociais, das obrigas. Tipos guays vaia.
    Chámome Fabio. Encantado. E no meu favor direi que bendito o día no que marchei cos derradeiros kilos de coca que lle quedaban ó meu colega, vendinos e xa non volvín para darlle as gracias. Cos cartos de tan alta empresa merquei unha Custom de segunda ou terceira man e xa ma levei posta. Tamén direi, aínda que non no meu favor, que esta baina está moi bonita en América... pero é máis ben unha leria cando as interminables estradas rectas que se perden no horizonte son en realidade comarcais entre Monforte e Verín. Mortas da Curva, vacas e paisanos incluídos.
    Chámome Fabio e estaría encantado de contarlles unha historia verdadeira coma a vida mesma. De moteiros e meigas, por suposto.

2 comentarios:

  1. Se queredes ler máis, mercade o libro, hostia. :) pero con amor

    ResponderEliminar
  2. eh, a mi me gustan las motos!!

    y las moteras

    y el alcohol..

    ResponderEliminar